Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Festa da virxe do Corpiño de Oca

05/xul./2019 a 07/xul./2019
22:30 h a 16:00 h
Oca
Festas da Virxe do Corpino de Oca Coristanco 2019
Festa da virxe do Corpiño de Oca

A Festa é a primeiro fin de semana de xullo, (este ano o venres 5, sábado 6 e domingo 7). Si é certo que o Santuario máis coñecido é o de Santa Eulalia de Loson na Provincia de Pontevedra, no concello de Lalin, Tamén a Provincia da Coruña alberga no Municipio de Coristanco, na Parroquia de Oca, a 100 metros do centro comercial Carrefour a xoia da Virxe do Corpiño, cuxas reliquias estes dias da festa ocupan un lugar solemne para bendicir aos miles de devotos que durante ese fin de semana pasan polo santuario, un ano máis.
Esta advocación mariana presente nas terras de Bergantiños, é moi venerada e querida polos seus fieis e devotos que por milleiros imploran a súa axuda e favor, coa bendición das súas reliquias que se fai ao finalizar cada misa do fin de semana.(Venres 5 ás 10 da noite e saída da Virxe en Procesión de antorchas/ Sabado 6 desde as 10 ata a 1 que é a misa grande na cal a Virxe novamente sae en procesión e 8 da tarde / Domingo misas de novo desde as 10 ata a 1 que é a misa grande na cal a Virxe novamente sae en procesión)

Outra curiosidade é que nas misas Solemnes (que se celebrarán á 1 da tarde o sábado 6 e domingo 7, trala procesión os fieis entran na Igrexa tras pasar por baixo da imaxe. Todo iso nun clima de gran fervor e respecto que se palpa nos oficios relixiosos e procesións.

Abogosa dos males do corpo, tamén o é e aquí a súa peculiaridade dos da mente, xunto co chamado mal cativo ou de ollo. A tradición enmárcase en ofrecer unha misa pola intención da persoa devota, acender un a vela que representa a oración que continua ardendo ao pé da Virxe do Corpiño, depositar un corpo de cera que fai referencia á dolencia que se padece e recibir a bendición das súas reliquias.

Á marxe dos oficios de culto relligioso, os veciños e colaboradores honran á Virxe con Festa, este ano o venres pola noite coa Charanga K pasa, o sábado coa Orquesta atrevete con sesión Vermut e verbena a partir das 22:30 da noite e o Domingo con sesión Vermut con Yemaya.

Comentarios