Evento
Festa de Fin de Verán en Carnota
20/set./2019
17:00 h
Campo do Viso

10:27 17/09/19
Para despedir o período estival, o venres 20 de setembro Carnota celebra a "Festa de fin do verán" no campo do Viso para todos os públicos.
De 17 a 19 h “Os xogos do Paporrubio”: compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria. Da man do pequeno paporrubio, calzado cuns zoquiños, guiará a nenos/as e maiores por unha chea de xogos.
E a partir das 19 h remataremos coa montaxe teatral “A illa sen tesouro”, da compañía Teatro dos Ghazafelhos, na que, coa participación do público e o humor inconfundible dos Ghazafellos farán unha chiscadela ao clásico literario de Robert Louis Stevenson para toda a familia.