Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Festa Marisqueira de Ponteceso

18/abr./2019 a 20/abr./2019
13:00 h a 23:34 h
Festa Marisqueira de Ponteceso

Esta Semana Santa, ademais dos actos relixiosos que se celebrarán en Corme, despois do éxito acadado o ano pasado volve a Festa Marisqueira. Unha das pouquísimas celebracións gastronómicas nas que non só se utiliza, exclusivamente, produto fresco en todas as elaboracións.

A Festa Marisqueira celebrarase os días 18, 19 e 20. Haberá degustacións na carpa da Praza do Relleno tanto a mediodía coma á noite, pero tamén haberá música, e ademais de primeirísima calidade.

Abrirán o día 18 á noite con Malvela, un grupo galego integrado por mulleres que van dende os 30 ata os 80 anos, e que son capaces de conectar con públicos de idades e procedencias diversas. Os seus concertos sempre son emocionantes, participativos e moi divertidos, así que non o perdades.

O Venres Santo a música xa soará na sesión vermú con Carmen Rey, unha das artistas máis persoais do panorama do jazz, soul e funk en España. E pola noite estará en Ponteceso Cherry & The Ladies, unha banda feminina de rock and roll que o ano pasado realizou máis de 50 concertos e que vos sorprenderán co seu directo

E despois de dous días de protagonismo feminino, o sábado chegarán dende Ferrol, e con novo disco baixo o brazo, Malditos Pendejos, unha banda de rock que garante a diversión. Como colofón a este extraordinario programa musical, a noite de sábado

Volverán aos anos 80 cunha das bandas míticas daquela época, La Guardia, que sen dúbida farannos desfrutar con temas coma “Mil calles llevan hacia ti” ou “Cuando brille el sol”.

Comentarios