![festas do carmen dumbria]()
Dumbría celebra durante dous días as festas Carmen. O sábado, as celebracións comezarán á 1 da tarde cunha misa solemne na honra a san Antonio que continuará coa sesión vermú da man de Chicas Show. Pola noite compartirán escenario con Ciclón.
Despois da misa do domingo na horna á virxe do Carmen, a orquesta Galilea amenizará a sesión vermú que volverá a subirse ao escenario a partir das oito da tarde xunto con Fama.
Os dous días haberá pasarrúas cun grupo de gaitas.