![Festas en Bainas Vimianzo]()
Na parroquia vimiancesa de Baíñas teñen tres días de festas patronais.
O venres haberá misa á unha da tarde na honra a san Antolín e a continuación a actuación dun grupo de gaitas que lle darán paso á sesión vermú que correrá a cargo de La Ocaband Orquesta. Pola noite, repetirá escenario co grupo Claxxon.
Fania Blanco Show e a orquesta Versalles poñerán as notas musicais do sábado, mentras que o domingo haberá sesión vermú co dúo Rosán.