xoves. 19.03.2026
El tiempo

Veteranos: A Piña e Corme deron a sorpresa e conseguen o ascenso directo á D.H.

A Piña campion veteranos Costa-Foto-ZerantFocus
A Piña celebrando o título de campión da 1ª Veteranos-Foto-ZerantFocus
Veteranos: A Piña e Corme deron a sorpresa e conseguen o ascenso directo á D.H.

Rematou a 1ª División de Veteranos da Costa e fíxoo cunha fermosa loita. 3 equipos chegaban con opcións de meterse en ascenso directo á División de Horna: Cabana, A Piña e Corme.

Os 3 equipos chegaban empatados a puntos, co Cabana como favorito pois tiña o golaveraxe a favor e dependía de si mesmo. Pero non pasou do empate sen goles en Malpica e tanto A Piña como Corme non fallaron, venceron Fisterra e Bértoa e conseguen os dous postos de ascenso directo, quedando A Piña como campión.

A Piña campion veteranos Costa-Foto-ZerantFocus 4
Fotos da celebración do título dA Piña -Foto-ZerantFocus 
A Piña campion veteranos Costa-Foto-ZerantFocus 2
Fotos da celebración do título dA Piña -Foto-ZerantFocus 
A Piña campion veteranos Costa-Foto-ZerantFocus 3
Fotos da celebración do título dA Piña -Foto-ZerantFocus 

A promoción

O Cabana terá que xogar a promoción a ida e volta:

  • Nantón - Malpica (22-03-2026 ás 10:30h nas Fontiñas)
  • Mazaricos - Cabana (22-03-2026 ás 11:00h na Picota).

Sergio Martínez e Rodrigo Fandiño exercen a dobre e nada fácil función de xogadores e adestradores, mentres que a presidencia de club recae en José Castro Corzón, que está sempre ao pé do canón e non se perde ningún partido.

Tamén desempeñan un importante labor dentro do grupo os directivos Carlos, Raquel, José Manuel e Isabel; así como o xardineiro Manolo.

Todos eles teñen claro que se A Piña segue existindo a día de hoxe é grazas á fusión que se realizou co Corcoesto de Veteranos despois da pandemia do coronavirus.

Comentarios