Evento
Festival IncluSón

O vindeiro domingo 12 de novembro, o Pazo da Cultura de Carballo acolle unha das citas máis fermosas do panorama cultural costeiro. O Festival Inclusón, que organiza un ano máis Aloumiños, pretende convertirse en referente fusionando cultura e inclusión, dando valor ainiciativas culturais que traballan arreo para que a inclusión sexa algo natural dende a escola, o traballo, a rúa e por suposto tamén no ocio.
A cita comezará ás 18:30h coa presentación en Bergantiños do novo traballo da Familia María Fumaça, de nome Aire e no que unha vez máis a grande familia de Rui, ofrecerá de novo e coma sempre, un lote de cancións de diferentes estilos pero presididas pola mesma filosofía do primeiro traballo: a alegría de vivir, de ser, de estar no mundo, de compartir. Unha ollada diferente sobre o mundo. Unha ollada mellor.
Nesta ocasión a retirada de entradas será desde o día 6 de novembro, con un prezo de 5€, e poderedes retiralas nos seguintes puntos:
• Local de Aloumiños, na Casa da Xuventude de Carballo, de 10h a 14h. • Ou en ‘El Rincón de María’ (Rúa Camiño Novo, 6, Carballo) de 17:30h a 20:30h • Tamén tedes a opción de encargalas neste mesmo correo electrónico indicando nome, apelidos e número de teléfono da persoa que as encarga e retirará.Fonte
- Aloumiños.