Xoves. 18.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Filosofía para veraneantes de Corcubión (III)

07/ago./2019 a 09/ago./2019
20:30 h a 20:30 h
Capela do Pilar
Filosofia para veraneantes en Corcubion 2019
Filosofía para veraneantes de Corcubión (III)
As mulleres copan a palestra do IV Encontro de Filosofía para Veraneantes de Corcubión

Que pasaría se Deus fose unha muller? Hai verdade das redes sociais? Debe o feminismo ter máis en conta o medio ambiente? Estas son só algunhas das preguntas que abrirán as reflexións colectivas da IV edición consecutiva do ciclo Filosofía para Veraneantes, que organiza durante estas semanas a asociación Universidade Cromática da Costa da Morte na Capela do Pilar de Corcubión.

Unha edición na que, por primeira vez as 9 ponentes serán mulleres, mulleres de diferentes ámbitos pero sempre dende unha perspectiva rural nun mundo interconectado e da comunidade, segundo coordinaron iguel Vázquez Freire e María Bella.

As presentación e moderacións das mesas correrán tamén a cargo de mulleres. A esta iniciativa súmanse representantes de asociación e comunidades da Costa da Morte. Participarán integrantes da Asociación feminista Buserana ou a da Ecosocial Boca de Sapo. O mundo da cultura ou do xornalismo tamén terán unha participación moi activa.

5 debates

Serán 5 tardes de reflexión (hoxe mesmo, luns 29, de xullo, ademais do 31 de xullo, e 7, 8 e 9 de agosto), totalmente abertos ao público xeral, de balde, na Capela do Pilar de Corcubión, as 20:30 horas.

O medio ambiente e o feminismo centrarán o relatorio do primeiro día entre Rosa Arcos, traballadora do rural, e Carme Adán, escritora (29 xullo). A teoloxía e o feminismo protagonizarán a charla do mércores 31 de xullo entre Lucía Santiago e Macamen Díaz, que se pregantarán, entre outras cousas, qué pasaría se Deus fose unha muller.

O terceiro día (7 agosto) a “youtuber” Irene Martínez comentará coa estudante de filosofía Celtia Sar se hai ou non verdade nas redes sociais. O 7 de agosto será a ocasión de reflexionar coa profesora de filosofía Luz Suárez e, na última xornada, o venres 9 de agosto, a cineasta Olalla Sendón establecerá un diálogo aberto coa poeta María Lado.

4 anos de filosofía estival

Filosofía para veraneantes celébrase en Corcubión desde hai catro anos. Da man do corcubionés Miguel Vázquez Freire, cada verán, a Capela do Pilar convértese no KM cero do pensamento filosófico máis democrático da Costa da Morte, un convite de balde á reflexión colectiva que vai gañando interese cada ano e sumando público en cada edición, onde a máxima é a participación colectiva dos participantes. Os debates, que contan sempre coa presenza de profesionais de elevado prestixio no seu campo, acaban prolongándose durante horas.

Novas relacionadas

Comentarios