Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Foliada do Son do Castro en Cabana

08/xuño/2019 a 09/xuño/2019
18:00 h a 18:00 h
Campo do Briño
Foliada do Son do Castro
Foliada do Son do Castro en Cabana

O sábado 8 de xuño celebrarase no campo do Briño en Borneiro unha gran foliada a partir das 6 da tarde. Nesta cita coa música tradicional xuntaranse os grupos de Cabana con outros chegados de diferentes puntos de Galicia. Entre as bandas locais están Os Farrapos de Cesullas, Eloy Mato e Ismael del Río de Borneiro, o acordeonista Ponciano de Canduas, My Way e O Fol de Neaño e O Son do Castro de Borneiro. Ao longo da tarde subiranse tamén ao escenario Petaforte da Pereiriña, Aghrú Conxunto de Oza, Queiroa de Sada, Rebouxa da Coruña, Xa era hora do Couto e a Asociación Folclórica Santiaguiños de Boimorto. Para rematar unha xornada chea de festa contaremos coa música de Os Carapaus a partir da media noite.

O domingo 9 de xuño a partir das 6 da tarde o Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños acollerá a clausura do curso da Escola Municipal de Música José María Álvarez Canto. Este ano participarán 72 alumnos e interpretarán os seguintes temas: Hallelujah, Cinco poliños, Debajo de un botón, Carballesa de Melide, Mi pequeña vaca flotante, Lost on you, Danza para los más pequeños, Yesterday, Pasodoble de Mallou, Nobody, La Polka, Happier, Sueño celta, Entre o millo, Lo siento, Red River Valley, Way Down We Go, Creep e I want to break free. Os profesores que imparten piano, guitarra, baixo, batería, canto, frauta, gaita e solfexo en Cabana pertencen á Escola da Rúa.

Comentarios