Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Finde de Samaín e Solidariedade en Cabana

26/out./2019 a 27/out./2019
16:00 h a 17:00 h
samain e solidariedade en Cabana
Finde de Samaín e Solidariedade en Cabana

Completo o programa cultural de Cabana de Bergantiños esta semana:

O Sábado 26 de outubro, hai Magosto e Samaín na Escola de Ures (Corcoesto). A partir das 16:30 terá lugar o III Torneo de Tute, no que é preciso apuntarse chamando ao 689612473 antes do 24 de outubro. Ao rematar haberá magosto con queimada, xogos e concerto de My Way. A Asociación de Veciños A Lareira organiza esta actividade coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños.

Ás 16:00h do mesmo sábado 26 de outubro haberá unha concentración na Praza do Pendón a Andaina Solidaria contra o cancro organizada pola xunta local da AECC. Para ir quentando motores haberá zumba e animación musical co grupo O Son do Castro, que dará á saída ás 17:00. Á volta actuará Xa era hora, grupo de música tradicional do Couto, e acordeonistas locais. A inscrición na andaina solidaria custa 5 euros -3 euros para menores de 14 anos-

Xa o domingo 27 de outubro toca IV Festa Infantil Solidaria de Samaín organizada pola xunta local da AECC. A partir das 15:00 a Praza de Neaño acolle actividades lúdicas para toda a familia: pintacaras, inchables, xogos populares e as actuacións de Isla Letriska, Judith Cundíns e Impacto Disco Móvil.

Comentarios