Sábado. 27.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

FIOT 2019 (IV)

18/out./2019 a 20/out./2019
21:00 h a 20:30 h
Carballo
El Son de York en FIOT 2019
FIOT 2019 (IV)

O 28º Festival Internacional Outono de Teatro acolle este venres 18 a estrea absoluta de Chicas y chicos, un traballo conmovedor e contundente da compañía madrileña El Sol de York, coa colaboración do FIOT, sobre o empoderamento da muller que dirixe Lucía Miranda, unha das voces máis destacadas da nova xeración da escena teatral e recentemente gañadora do premio Ojo Crítico de RNE 2019 na disciplina de teatro. Un monólogo, interpretado pola actriz Antonia Paso.

Carmen Maura en La Golondrina no FIOT 2019

Ademais desta estrea absoluta, o Programa de Sala recibe a unha das figuras máis recoñecidas das artes escénicas do panorama estatal. A actriz Carmen Maura actuará no Pazo da Cultura de Carballo como protagonista da La golondrina, peza dirixida por Josep María Mestres.  La golondrina, que esgotou as entradas dispoñibles na primeira xornada na que se puxeron á venda, representarase o domingo 20 ás 20.30 horas.

Ademais destas dúas propostas, outras das creacións que se poderán ver esta fin de semana no FIOT é Todas hieren y una mata, a primeira comedia en verso do século XXI que a compañía Ay Teatro achegará ao Pazo da Cultura o sábado 19. Será a estrea en Galicia desta dramaturxia de Álvaro Tato, que dirixe Yayo Cáceres, ambos coñecidos pola súa implicación en Ron Lalá, compañía moi vinculada ao FIOT.

Ay Teatro no FIOT 2019

Micro-Escenas

Ademais, ao longo do día 19, sucederanse en diferentes espazos de Carballo as funcións do III Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado. Así, un posto do mercado municipal acollerá a estrea absoluta da performance Corazón, da galega Iria Sobrado, quen volve ao festival logo de gañar, na primeira edición do certamente, o premio á mellor interpretación. A proposta terá lugar ás 13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas.
Por outra banda, Beni Barbería e Perruquería será o espazo non convencional no que terán lugar as diferentes representacións de Margarita, de Teatro en Punto. A peza é un monólogo de Sonia Barros baseado nun artigo da xornalista Maruja Torres publicado en 1994 que se poderá ver neste local ás 18.00, 18.30, 19.00 e 19.30 horas.
Debido á limitación física de cada un dos espazos que acolle o M 2 , a organización do FIOT recomenda facer unha reserva previa da entrada ao correo electrónico [email protected], indicando o nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa asistente e un teléfono de contacto.

Micro-escenas 2 FIOT 2019

O teatro documento na Escola do Espectador

Este sábado terá lugar a terceira sesión da Escola do Espectador, a actividade aberta e gratuíta do FIOT que ten como obxectivo achegar o feito teatral e cuestións vinculadas a el ao público. Nesta 28ª do festival, a iniciativa, coordinada por Camilo Franco, pretende afondar no concepto do teatro social e político, directamente vinculado ao eixo programático deste 2019, logo da súa eclosión nos últimos anos. A nova cita da Escola do Espectador terá lugar este sábado 19, ás 12.00 horas, en A Barra Bar.

AXENDA DO FIOT PARA ESTA FIN DE SEMANA

Xoves 17
19.00 horas - Pazo da Cultura. Pase gráfico e presentación á prensa de Chicas y chicos, de El Sol de York.
21.00 horas - Pazo da Cultura. Café con… Chicas y chicos. Encontro co público no auditorio.

Venres 18
21.00 horas - Pazo da Cultura. Chicas y chicos, de El Sol de York (estrea absoluta).

Sábado 19
12.00 horas - A Barra Bar. Escola do espectador: Documentos teatrais, teatro documental.
13.00, 13.30 horas, 19.00 e 19.30 horas - Mercado municipal. Corazón, de Iria Sobrado (estrea absoluta).
18.00, 18.30, 19.00 e 19.30 horas - Beni Barbería e Perruquería. Margarita, de Teatro en punto.
20.30 horas - Pazo da Cultura. Todas hieren y una mata, de Ay Teatro (estrea en Galicia).

Domingo 20
20.30 horas - Pazo da Cultura. La Golondrina, de LaZona.

Programa FIOT 2019 Venda EntradasPrograma Calendario FIOT 2019 Carballo

Comentarios