Evento
A fotógrafa coruñesa Ana Ruiz presenta no MACCMO a exposición “El alma del mar”
08/feb./2020
19:00 h
MACCMO

16:58 06/02/20
Despois de desfrutar das fermosas esculturas do artista cormelán Santi Collazo, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO) continúa ofrecendo un interesantísimo percorrido por distintas manifestacións artísticas a través da obra de diferentes creadores. Este sábado ás 19.00 horas inaugurará a exposición “El alma del mar”, da fotógrafa coruñesa Ana Ruiz Amigo, que ademais de imaxes recollidas por toda a Costa da Morte, amósanos textos propios para acompañalas.
Esta nova exposición, froito da colaboración entre a Concellería de Cultura e o colectivo Ponteceso Cultura Permanente, encherá o museo de Corme a partir deste sábado. No acto inaugural, Ana Ruiz estará acompañada pola violonchelista Cecilia Burillo, que ofrecerá un pequeno recital.
Ana Ruiz é herdeira da tradición fotográfica familiar. Influenciada polo seu pai e o seu avó interesouse dende moi pequena pola fotografía, á que se vén dedicando de maneira autodidacta.
O MACCMO amosará as imaxes de Ana Ruiz no seu horario habitual e, a maiores, os domingos 9 e 16 de febreiro e o 1 de marzo estará aberto de 17:00 a 20:00 horas.