Martes. 16.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Gran Concurso de Disfraces e Comparsas do Entroido da Laracha 2020

25/feb./2020
h
Entroido a Laracha 2020 cartel
Gran Concurso de Disfraces e Comparsas do Entroido da Laracha 2020

Xa está en marcha a programación completa do Entroido da Laracha. Baile de disfraces, verbena, obradoiros infantís e contacontos para bebés son as principais citas para todos os públicos dun Entroido que se desenvolverá do domingo 23 ao martes 25 de febreiro.

O domingo 23 de febreiro iniciarase o programa no pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís co baile da disfraces. A xornada comezará ás 18:00 horas e estará amenizada pola Orquesta Israel, con actividades para nenos e larpeiradas.

De cara á conciliación e aproveitando as xornadas festivas nos centros de ensino, o luns de 11:00 a 13:00 horas realizarase no baixo da biblioteca municipal da Laracha un obradoiro infantil de pintacaras, caretas e xogos de animación dirixido a nenos de educación infantil e primaria. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Concello. As prazas son limitadas e serán outorgadas por orde de inscrición.
Tamén o luns, pero a partir das 17:00 horas, ofrécese o contacontos para bebés (nenos de 0 a 3 anos de idade) Un berce cheo de contos no que Migallas Teatro mestura a tradición oral, os álbums ilustrados e a música en directo.

O gran concurso

O evento central do programa de Entroido será o do martes 25 (festivo local na Laracha). Ás 17:00 horas principiará na Praza do Concello a verbena amenizada pola Orquesta Trébol. No descanso, a partir das 18:30 horas, celebrarase o tradicional concurso de disfraces, un certame dirixido a todos os públicos no que se repartirán máis de 3.000 euros en premios.

.

Todos os programas do Entroido na Costa da Morte

 
Comentarios