venres. 06.06.2025
El tiempo

Evento

Homenaxe a Pepe Miñóns

02/dec./2016 a 02/dec./2016
18:00 h a 18:00 h
Homenaxe a Pepe Miñóns
homenaxe-pepe-minones-en-corcubion Moi vivas seguen aínda as demanda de melloras para a nosa bisbarra deste importante empresario e político corcubionés. Especialmente o famoso ferrocarril das tres C (Coruña, Carballo, Corcubión), que tristemente non se puido finalmente levar a cabo pero que segue no imaxinario de todos os que cren nos servizos públicos da comunicación. Son moitas as cousas que lle debe Corcubión a Pepe Miñóns, un dos seus máis ilustres persoeiros, que foi represaliado, xulgado e condenado a morte por un tribunal militar franquista, e finalmente fusilado na Coruña o 2 de decembro do 36. A homenaxe que o ano pasado lle rendía o BNG, este ano é retomada polo Concello que prepara xa un emotivo acto para lembrar o 80 aniversario da morte deste deputado corcubionés nas cortes da República polo Frente Popular, fillo do tamén empresario e político local, Manuel Miñones, que foi alcalde polo partido liberal entre o 1914 e 1920. A cita será o venres 2 de decembro ás 18:00 h. na praza de Castelao, e dende os grupos muncipais esperan que toda a veciñanza acompañe nesta merecida homenaxe para non olvidar a memoria de todos os represaliados polo franquismo, especialmente deste importante persoeiro de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios