Evento
II Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da Fin do Mundo”

Xa está a aquí unha das apostas polo audiovisual máis importantes da Costa da Morte. A II Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da Fin do Mundo” volverá celebrarse en Carnota, na Lonxa vella de Lira, os vindeiros 29 e 30 de novembro. Unha boa nova que o novo grupo de goberno, tralo éxito do ano pasado, manteña esta aposta pola única mostra internacional de cinema documental de Galicia centrada no medio ambiente mariño e na pesca sostible.
É un evento de contrastes: cun forte apego logal, pero con ampla proxección internacional, enfocado na posta en valor de oficios tradicionais dende unha perspectiva global e moderna.
Trátase dunha mostra compromentida co medio marítimo e o sector pesqueiro, que buscar crear conciencia sobre a necesidade de oidar un dos nosos recursos naturais máis valiosos.