Evento
Inauguración da Mostra de Luisa Novais en Vimianzo
07/feb./2020
20:00 h
Casa da Cultura

10:15 31/01/20
O venres día 7 de febreiro ás 20:00 horas inaugurase a exposición de pintura “ Mestura de expresións” de Luisa Novais na Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo. Esta sala acolle habitualmente exposicións de artistas da Costa da Morte contribuíndo a fomentar o seu coñecemento e a súa posta en valor.
A pintora camariñana, natural de Ponte do Porto, Luísa Novais achega unha mostra da súa obra artística a Vimianzo chea de cor e elementos simbólicos onde a muller ten un papel protagonista.