A AD Abellariza - en colaboración co concello de Ponteceso - organiza para este domingo un Magosto Deportivo – Día do Deporte na rúa. A cita será no campo da feira da vila a partir das 16 hroas e haberá partidos de baloncesto, badminton, voley, tenis de mesa, fútbol, música, castañas, rosca, chocolate e moita diversión.