Evento
Audiovisual no Casino 1889

Esta fin de semana haberá varias actividades nao Casino Carballo. Entre elas, o proxecto AUDIOVISUAL NO CASINO 1889 "POR NON VER O DE SEMPRE", que se desenvolverá entre o sábado 21 e o domingo 22 e que engloba as seguintes actividades:
1. MARATÓN DE CURTAS de MIGUEL G.ABAD NO CASINO1889 | o sábado 21 de decembro | ás 19:00h | con presentación e coloquio, contarán coa presencia do director e de parte do equipo artístico e técnico.
As curtametraxes que se proxectarán:
- - Albores (2017)
- - Baleiro (2018)
- - Máxima Audiencia (2018)
- - Pensamentos para Xiana (2018)
- - Para rematar, unha proxección sorpresa.
2. Mesa Redonda e proxeccións "POR NON VER O DE SEMPRE" | Domingo, 22 de decembro 2019 | 19:00h | coa presencia de profesionais e amador*s do sector audiovisual.
- - Mesa redonda para falar sobre o séctor audiovisual galego dende o punto de vista de creador*s independentes.
- - Proxección: adianto de Sons, mediametraxe de Miguel G. Abad.
- - Proxección: adianto da primeira lungametraxe "Na Calor do Verán" de Miguel G. Abad e videoclip de Rebezo, grupo da banda sonora da lunga.
Ademais, como actividade independente desta, o domingo 22 de decembro ás 12:30h, tamén terán no Casino 1889 o escritor e profesor Manuel Miragaia, cunha palestra e posterior coloquio, con lectura de poemas do libro "Galeguia". "A Galiza e Portugal através da história. As relacións históricas entre Galiza e Portugal".