Evento
Marcha saudable pola igualdade

Por terceiro ano consecutivo, a Concellería se servizos sociais, emprego, igualdade e cultura de Laxe, celebra o Día Internacional adicado á Muller cunha actividade saudable, feita con carácter de apoio e reivindicativo da existencia da verdadeira igualdade de sexos neste mes de marzo.
Sendo conscientes de que para que esta igualdade sexa unha realidade, debe traballarse en cada unha das actividades que se fagan ó longo do ano, e así o facemos, neste mes, no que se fixou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller, animan á veciñanza e a toda outra persoa que queira participar a que este domingo 24 de marzo "se molle" de novo e participe nesta actividade que tamén terá un carácter simbólico con este compromiso.
A saída será ás 11:00h dende a Casa do Concello