![Merenda de Castrobuxan-Vimianzo 2016]()
Xa estás de volta a VIII Merenda de Castrobuxán, que se celebra na parroquia de Calo en Vimianzo, nun entorno con tanto encanto como son os arredores da capela de Castrobuxán.
Esta merenda, perdida durante máis de trinta anos está sendo recuperada por un grupo de rapaces do lugar, que quixeron que rexurdise esta romaría onde a relixión e os reencontros son a parte principal deste acontecemento que se celebrará os días 14 e 15 de agosto.
Nesta, a colaboración de empresas, veciños e o parroco D. Daniel Turnes sempre é fundamental para levar acabo con exito esta andaina que xa leva oito anos sendo unha referencia na zona.
Como bos galegos, non faltará o xantar despois dos oficios relixiosos, o baile galego, os grupos musicais e como non unha gran queimada.