Evento
O Mes da Fundación: Ofrenda e conferencia de Fernando Patricio Cortizo

Xa é o 7º ano do Programa Educativo-Cultural “O mes da Fundación”. A Fundación Fernando Blanco de Lema retrasou este ano ata novembro o pioneiro programa, pois soe ser outubro (en outubro de 1796 naceu Fernando Blanco de Lema, e en outubro de 1886 inaugurouse o antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema), o mes fetiche para a entidade.
En todo caso, o importante é que tanto escolares como a veciñanza en xeral poderán disfrutar dun programa con figuras de primeiro nivel nos seus respectivos campos de traballo: Cándido Pazó, Quico Cadaval, Celso F. Sanmartín, Xavier Díaz, Davide Salvado, Anxo Pintos, Fernando Fraga, Marcelo Dobode, Pablo Carpintero, Xosé Neira Vilas, Jorge Mira, Miguel SanClaudio, Ángel Carracedo, Francisco Blanco, Carlos Spuch, Concha Blanco, María Canosa, Suso Bahamonde, etc, etc)
Asi, tanto en sesións matutinas nos centros de ensino, como en sesións de tarde-noite na Casa da Cultura, a comarca centra o ollo na vila ceense. Todos os actos, son de balde.
Programa do Mes da Fundación
A fundación sobrevive e é capaz de artellar todas estas iniciativas gracias, ademais do labor incansable do seu secretario Darío Areas, ao Concello de Cee, á Deputación da Coruña, e aos seguintes establecementos, empresas e entidades (Estación de Servizo Bazarra, Upi Cee, Administración de Lotaría Costa da Morte, CeeColor, Seguros Costa da Morte, Instalacións e Servizos Galfcar, Policlínica Dental Insua e Blanco, Fuco Corbelle, OE+ Centros Auditivos e Parroquia de Santa María da Xunqueira).
SÁBADO 9 NOVEMBRO (19 horas. Capela do I.E.S. Fernando Blanco)
OFRENDA FLORAL e MISA na honra de D. FERNANDO BLANCO DE LEMA e de tódolos/as mestres/as, alumnos/as e persoal do centro, coa participación de MADRIGALIA G&M.
SÁBADO 9 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee):
“O PATRIMONIO INMATERIAL NA HISTORIA DOS NAUFRAXIOS DA COSTA DA MORTE”. CONFERENCIA impartida por FERNANDO PATRICIO CORTIZO (Historiador naval e Presidente da A. C. Naufraxios Galegos).
SÁBADO 16 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee):
“CONTAR”. SESIÓN DE CONTOS a cargo de CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN. Narrador de contos e historias de tradición oral.
SÁBADO 23 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee):
“VIAXE POR NOUTRURES. TÉCNICA E RECURSOS PARA DIFERENTES REPERTORIOS DE GAITA”. CONCERTO COMENTADO de EDELMIRO FERNÁNDEZ PARADA. Un dos máis reputados gaiteiros de Galicia. Ganador dos Trofeos MaCallan e MacCrimmon do Festival Intercéltico de Lorient no 1995, 1996, 1998, 2001 e 2007.
SÁBADO 30 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee);
“CIENCIA, AVENTURAS E SORPRESAS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO”. CONFERENCIA-PROXECCIÓN de XURXO MARIÑO ALFONSO (Profesor no departamento de Medicina da UDC. Especialista en Neurofisioloxía. Investigador e divulgador científico).