sábado. 07.06.2025
El tiempo

Evento

Mostra de Teatro de Malpica

02/dec./2016 a 02/dec./2016
20:30 h a 20:30 h
Mostra de Teatro de Malpica
Mostra teatro Malpica so cartel

Os espectáculos galegos máis laureados serán os protagonistas dunha 12ª edición da Mostra de Teatro de Malpica de gran nivel. A Concellería de Educación, Cultura e Turismo coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, reunirá o mellor da escena galega ao longo de varias semanas. Os espectáculos máis laureados pasarán polo escenario do Centro Cívico a partir do día 4 de novembro e ata o 2 de nada.

Venres 2 de nadal, ás 20.30h. “Perplexo”. Il Maquinario Teatro.
Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións, mais ao pouco de entrar perciben nela pequenos pero estraños cambios: unha nova planta aparece na cociña, o seu gato non está por ningures e a luz está cortada por falta de pago, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando esta nova parella aparece en escena a situación da un xiro, pois semella que eles son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda.
A perplexidade de Laura e Fernando ante a nova situación transfórmase en aceptación, rematando por retirarse da vivenda…
A partir deste momento a peza sucederase nun continuo xogo de intercambio de roles, onde o espectador será trasladado a un vertixinoso devir de escenas onde os actores-personaxes deberán transformarse para adecuarse a unha realidade en constante cambio.

“Perplexo” foi estreada a finais do 2014, no mes de febreiro deste ano iniciou a xira por toda España coa súa versión en castelán e de forma recente traspasou fronteiras para chegar tamén ao público portugués. Mañá teremos a sorte de tela en Malpica, nunha función para público mozo e adulto (a partir de 15 anos) que comezará ás 20.30 horas no Centro Cívico. Nesta comedia, interpretada por Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez, todos eles nominados aos Premios María Casares polas súas interpretacións, nárrase a historia dunha parella que ao volver á casa despois das vacacións percibe estraños cambios, e atópase coa sorpresa de que a parella que quedou ao cargo semella ser a auténtica propietaria da vivenda. Esta situación de partida dará pé a unha sucesión de intercambio de roles, onde os personaxes deberán transformarse para adecuarse a unha realidade en constante cambio.
  • 5 Premios María Casares 2015: Mellor Espectáculo, Dirección, Iluminación, Vestiario e Tradución/Versión.
perplexo-cartel  

Fonte

  • Concello de Malpica.
Comentarios