Mércores. 24.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Muiñada en teatro, en Muros

04/maio/2019
18:00 h
Teatro Muinada
Muiñada en teatro, en Muros

Este sábado 4 de maio, ás 18:00 h, o Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle a obra Muiñada, que   tamén será programado o venres en horario de mañá, como función escolar, dentro da XIII Mostra de teatro Xosé Agrelo, na que tamén terán o luns 6 con un obradoiro de interpretación.

O espectáculo do Teatro Galeatro - “Muiñada” conta a historia de Xacobe e Sabela que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ao ver que os dous non poden moer ao mesmo tempo,
comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que o público se achegue a un edificio que foi fundamental para a Galicia do século XX; o muíño de auga. Muiñada é unha viaxe ó pasado para os nenos de hoxe. Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas. Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a
familia.

A compañía Galeatro nace en 2013 e é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Ao fronte dela, Tone Martínez e Alba Bermúdez, licenciados en Arte Dramático. Galeatro nace como compañía cun obxectivo moi claro, difundir o teatro dun xeito didáctico e divertido.
Muiñada é a obra que a agrupación estreou no FIOT de 2017, co apoio deste festival teatral, e que supón en
certa medida un antes e un despois. Davide González dirixe este espectáculo, escrito por Ana Carreira e
recomendado especialmente a partir dos seis años.
A función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios e as entradas xa están a venda nas oficinas do
centro cultural, ao prezo de 2,50 euros. Tamén poden ser reservadas no teléfono 981762294
 

 

Comentarios