Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Musical El Libro da Selva en Muros

07/mar./2020
18:00 h
Centro Cultural
Musical O Libro da Selva en Muros
Musical El Libro da Selva en Muros

O musical “O Libro da selva” , na versión de musical creada pola compañía Teatro Avento, chega este sábado a Muros ás 18:00.

O novo espectáculo de Teatro Avento ponlle cancións e coreografías a esta eterna historia, que fala de valores coma o respecto ás diferencias, a tolerancia, o sentido de comunidade e a camaradería. Son fieis á Lei da Selva. Unha lei, non obstante, que non todos compren, como o egoísta e perigoso tigre Shere Kahn
O elenco está formado por Martín Maez, Rocío Salgado, Fernanda Barrio, Marcos Alonso e Fran Abreu
Teatro Avento é unha compañía galega fundada no ano 1985, referente do teatro independente galego, que despois de conseguir máis de 40 premios en festivais de afeccionados por todo o país, faise profesional no 2013. O principal obxectivo da compañía é facer do teatro unha actividade de uso habitual e necesario na vida das persoas. A través dos seus espectáculos defende que o feito teatral ten que ter un peso específico tanto no ocio como na formación. Un ente motivador e transmisor do coñecemento, pero sen esquecer o compoñente de divertimento e ocio que debe ter o teatro para o público. Na actualidade Teatro Avento, con Xoán Abreu como director de escena, é unha das poucas compañías de Galicia que aposta polo teatro musical en galego, de mediano-gran formato, para a rapazada e público familiar.
As entradas son a 3,50 € e xa poden ser mercadas ou reservadas nas oficinas do centro cultural de Muros, teléfono 981762294.

Comentarios