Evento
De Muxicas na Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros

A XIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros dará comezo o vindeiro sábado, día 20, en Muros e continuará con un nutrido número de espectáculos ate o día 25 de maio.
Destacando que será durante esta fin de semana cando se represente o primeiro espectáculo de teatro amador, “O Inspector”, da compañía Muxicas, que pola súa traxectoria e singularidade, pódese considerar unha das propostas de maior nivel no panorama galego. De Muxicas teatro temos que destacar que é un grupo de invidentes, con vinte anos de experiencia e que non deixan de colleitar éxitos, entre os que destaca o Premio Max de teatro afeccionado.
Unha demostración do que significa a integración social por medio do teatro.
O resto do programa
Nas vindeiras semanas o programa continúa coas seguintes propostas:
- Xoves 25 de abril, 11:30 h. – Contacontos. A Tropa de trapo “Catro monos”
- Venres 26 de abril, 12:20 h.- CONTRAPRODUCIÓNS: “Fillos do Sol”
- Venres 3 de maio, 10:30 e 12:00 h.- GALEATRO “Muiñada”
- Luns 6 de maio, 10:00 e 11:45 h.- Gustavo del Río “Obradoiro de xogo dramático”
- Mércores 8 de maio, 10:30 e 12:00 h.- TEATRO DOS GHAZAFELHOS “A máquina do tempo”
- Sábado 11 de maio, 18:30 h.- ANDARAVÍA TEATRO de Vedra: “Brincacontos”
- Martes 14 de maio, 11:00 e 18:30 h.- GRUPO DE TEATRO DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES e alumnado de 6º do CEIP. RAMÓN DE ARTAZA “A traxedia do bosque”
- Mércores 15 de maio, 11:00, 12:15 e 18:30 h.- OBRADOIRO DE TEATRO MUROS “A Bela adormecida”
- Venres 17 de maio, 18:30 h.- GHAZAFELHOS “Acuario”
- Venres 17 de maio, 21:30 h.- O QUE FALTABA TEATRO DA A.VV. O FERROLLO DE TRASDACOSTA “A tía solteira”
- Sábado 18 de maio:
- 18:30 h.- Presentación libro AGRELO HERMO, X. “Cousas de Pepe” e
- 19:00 h.- Escenificación GRUPO DE TEATRO O XEITO “Contos e Cousas de Pepe” - Luns 20 de maio, 16:00 h.- Proxección e concerto “Vértice de versos”