Evento
Náufragos Teatro en Muros

O sábado 23 de febreiro, ás 21:30 h, chega ao Centro Cultural de Muros a quenda á compañía Os Náufragos teatro, que poñerá en escena o espectáculo “Castrapo”, no que o público adulto poderá gozar dun traballo actoral impecable.
Daniel, escritor galego emigrado a Madrid, volve á terra logo da morte de seu pai, con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren que Daniel con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces. Unha viaxe á súa orixe. Castrapo fala do que fomos e xa non somos e do que somos e xa non seremos.
O autor e director é Gustavo del Río e os protagonistas Denis Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río, ademais conta coa música en directo das Pandereteiras Lilaina.
Castrapo é a carta de presentación da compañía coruñesa, de recente creación, Os Náufragos, mais os seus integrantes, cunha traxectoria ben consolidada no mundo do espectáculo e unha vocación de proximidade co público, fan un traballo que vertebra a creación contemporánea desde a dramaturxia ata a súa posta en escena, entendendo o teatro desde o encontro e o diálogo.
As entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 3,50 €. Todas elas poden ser reservadas por teléfono