martes. 03.06.2025
El tiempo

Evento

Noite de naufraxios

14/ago./2016 a 14/ago./2016
23:00 h a 23:00 h
Noite de naufraxios
Noite de Naufraxios no Cemiterio dos INgleses O vindeiro 14 de Agosto a partir das 23:00 horas no Cemiterio dos ingleses na enseada de Trece en Camariñas sendo o paraxe máis fatídico da Costa da Morte, onde naufragaron 10 barcos, entre eles o Serpent converténdose no signo e orixe do topónimo de A Costa da Morte. Nesta segunda edición da Noite de Naufraxios coa representación teatral de novas escenas lembraremos a vida de Oney Luxon, un dos tres superviventes do Serpent, onde a traxedia en Punta Boi marcou a súa existencia, voltando de novo a armada inglesa, heroe en Inglaterra tras o naufraxio e ser esquecido tras abandonar a armada e malvivindo os seus derradeiros anos vendendo quincalla polos pobos ingleses nunha bicicleta. Na traxedia do Serpent é coñecida a participación do párroco de Xaviña, Manuel María Carrera Fábregas no enterramento e consagración do Cemiterio dos Ingleses fronte a oposición do seu colega de Camariñas ante a negativa de soterralos por crer que a maioría eran protestante. Hoxe en día temos unha opinión do cura de Xaviña como unha persoa tolerante e comprensiva polas súas accións, lembraremos a vida desta personaxe onde albiscaremos unha actitude contraditoria e conflitiva cos seus veciños e autoridades locais polo súa doutrina férrea. Grazas a participación dos mariñeiros dos pobos de A Costa da Morte, salvaron moitas vidas no rescate dos náufragos co risco de perder a súa propia nas augas atlánticas, non foron menos a asistencia e coidados da mulleres da Costa de Morte na recuperación dos feridos. Dúas lavandeiras lembraran como nun intervalo de 8 días en Lobeiras en Arou naufragaba o City of Agra e o noruego Standard que deixaba sen roupa nas localidades de Camelle e Arou tras a afundimento. Así mesmo, repetiremos as escenas da primeira edición de Noite de naufraxios que versaban sobre as Compañías de Salvamento instaladas en Camelle para establecer un salvamento na Costa da Morte, así como a rapaza orfa que foi acollida pola congregación de monxas metodistas que viaxaban a Xibraltar para adoutrinar ás tropas inglesas. E Albert Jamrach un pasaxeiro que a bordo do City of Agra ía rumbo a Calcuta na procura de animais para o zoo de Londres. O espectáculo é producido pola compañía Dequenquen. Texto e dramaturxia a cargo de Xosé Leis e Bernardino Martínez. Alicia Baña e Andrea Romar interpretan as personaxes femininas e Paco Alvarellos e Bernardino Martínez os masculinos. A música en directo a cargo de Roi Chans e Juan José Riveiro. As reservas de entradas para asistir o espectáculo pode facerse na Oficina de información turística de Camariñas e a través de www.ticketea.com
Comentarios