sábado. 07.06.2025
El tiempo

Evento

Novembro cultural en Fisterra

06/nov./2016 a 06/nov./2016
20:00 h a 20:00 h
Novembro cultural en Fisterra
  novembro cultural fisterra O concello de Fisterra acaba de dar a coñecer as actividades que ten programadas para o vindeiro mes de novembro. A primeira delas será o día 6 coa actuación da coral e do grupo de danza galega do Casino. O evento será ás 20 horas no salón de actos do concello. A seguinte fin de semana (12 e 13 de novembro) terá lugar as xornadas micolóxicas na Fin da Terra. As xornadas arrancan o sábado ás 10 horas cunha saída ao monte para a recollida de cogomelos. Xa do domingo, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas, expoñeranse os exemplares recollidos e ás 19 horas haberá unha degustación no mercado municipal da vila. As actividades contininúan o domingo día 20 de novembro co espectáculo “Falar sen Cancelas” de Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz. A cita é ás 19 horas no salón de actos do concello e está dirixida ao público adulto.
Comentarios