sábado. 07.06.2025
El tiempo

A Carballeira de Baio mobiliza ao voluntariado ambiental

Carballeira-Dovesa de Baio -Foto- David Lourido
A Dovesa de Baio -Foto- David Lourido
A Carballeira de Baio mobiliza ao voluntariado ambiental

O vindeiro 14 de xuño, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA -, en colaboración co Concello de Zas, presenta na Carballeira de Baio un dos seus programas de voluntariado ambiental máis emblemáticos: o “Proxecto Ríos”.

A xornada comeza ás 10:30 horas coa recepción das persoas asistentes na Praza Jorge Mira Pérez. A conEnuación, membros de ADEGA presentarán o “Proxecto Ríos. Súmate á corrente!” xunto coas actividades que se enmarcan neste programa. Este encontro de portas abertas continuará cunha visita ao Río Grande, ao seu paso pola Carballeira de Baio, co fin de inspeccionar a calidade das augas e o estado de conservación da súa ribeira. O espazo foi escollido pola súa biodiversidade, bo estado de conservación e pola súa accesibilidade sendo un dos lugares máis relevantes da Costa da Morte.

Ademáis, a Carballeira Municipal de Baio está integrada no catálogo de Formacións Senlleiras.

Zas-ProxectoRios-14xuño

O Proxecto Ríos, ao que se sumou o Goberno Municipal preocupado pola conservación dos nosos espazos naturais, seguirá desenvolvéndose ao longo do ano con análises periódicas da calidade das augas.

Para participar nestas xornadas, que é totalmente gratuíto, é necesario anotarse previamente deste formulario.

Comentarios