Evento
Ibuprofeno Teatro presenta O Furancho en Carnota
Volven as Noites espectaculares a Carnota para amenizar as tardiñas deste outono, un ciclo dirixido ao público adolescente e adulto. Co foco no teatro, estas actuacións que forman parte do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña terán lugar no salón de actos do Concello. Así mesmo, a entrada é libre até completar o aforo do salón.
- Furancho - Domingo, 27 de outubro ás 19:00 h
Unha produción de Ibuprofeno Teatro, protagonizada por Marián Bañobre e Isabel Risco.
Sinopse
As protagonistas, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos O furancho. A súa nova aposta empresarial que cheira a éxito, a pesar do incerto destes tempos. Nel pódese consumir o excedente de viño, sinónimo de humor, e gozar dun espazo de complicidade para empaparse coa máis pura comedia hilarante.
E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.