Evento
Outono en marcha pola Vía Alcaianus
27/out./2019
09:00 h

11:25 30/09/19
Xa está en marcha a 8º Outono en Marcha de Senda Nova. As corredoiras de Bergantiños volverán recibir a visita dos pequenos amantes da natureza para “camiñar xuntos, disfrutar da paisaxe, comer en grupo e tentar pasar unha xornada diferente de aprendizaxe e convivencia”.
As xornadas, que contan coa colaboración das Agrupación de Voluntarixs de Protección Civil de Carballo, Concello de Laracha, Concello de Carballo e Plataforma en Defensa de Monteneme, tamén inclúen os programas “xoves de filmes” e os “venres de encontro con activistas” e que se desenvolverán ditos días ás 19:00h no Espazo de Natureza de OZas (ENO).
Poden pedir máis información e inscribirse en asociacion@sendanova.org, ou no 611037617.