Evento
Outono Rebuldeiro en Vimianzo: Malasombra Producións
01/dec./2019
18:30 h
Casa da Cultura

12:27 24/10/19
Continúa en marcha no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo a programación infantil e familiar, Outono Rebuldeiro, no que os protagonistas serán os máis pequenos. As seis actuacións serán de balde os domingos as 18:30h.
O 1 de decembro pecharase a programación co espectáculo familiar de Malasombra Producións, Os fabulosos Cleaners e o público sorprenderase e gozará dunha sorprendente obra onde as protagonistas son as pompas de xabón.
Ademais dentro do programa Ler conta moito hai programadas actuacións destinadas ao alumnado dos centros de ensino do concello para celebrar o día da Biblioteca, o 24 de outubro. O Mago Pedro Bugarín e o Mago Paco sorprenderán á rapazada con historias cheas de maxia a través dos contos.