Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Peche do proxecto Ao Son do Rural

23/xuño/2019
h
IES de Baio
Ao son do rural-Charla coa percebeira de Corme Mari Lista e Guadi Galego no IES de Baio
Peche do proxecto Ao Son do Rural

O vindeiro venres día 28, ás 13:00h na Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema, realizarase a presentación dos traballos feitos ao longo do curso polo alumnado dentro do proxecto “Ao Son do Rural”. Unha xornada aberta a todas a comunidade educativa na que se inaugurará unha exposición fotográfica das fotos antigas recollidas polo alumnado. Ao mesmo tempo abrirase ao público o acceso a todos os contidos realizados mediante o Blogue de Ao Son o Rural e a páxina web do Centro.

O froito de seis meses de intenso traballo colaborativo "Ao Son do Rural" no que participaron profesorado, alumnado, familias e veciñanza e que comenzaron no mes de xaneiro co primeiro faladoiro de "Ao Son do Rural" con Natalia Lema, Manolo Rivas e Xurxo Souto. Dende ese día, O’Rivas bautizou o centro como un “almeiro para a esperanza” pola forma de traballar de toda a Comunidade Educativa. Ese almeiro de creación colectiva terá pois o vindeiro venres, a maiores, a entrega dos recoñecementos nas diferentes áreas nas que se traballou ao longo do proxecto.

Ao rematar a actividade terá lugar un xantar de confraternidade aberto a toda a comunidade educativa. Contaremos coa animación musical do grupo de música tradicional do Centro Vintenbaio e algunha outra sorpresa. Agradecemos a todo o colectivo de profesorado, alumnado, familias, ANPA e asociacións que participaron e acreditaron na construción do proxecto colaborativo "Ao Son do Rural" e seguimos traballando intensamente para acompañar ao noso alumnado na construción dunha comunidad de aprendizaxe real..!

Comentarios