Evento
Premios Fouciño de Baio
27/maio/2016 a 29/maio/2016
11:00 h a 00:00 h
15:37 23/05/16
[fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1352651051416864/" width="660" height="660" onlyvideo="1"]
Seguen en marcha os Premios Fouciño, esa aposta da Asociación Cultural Adro para involucrar á mocidade costeira na produción audiovisual. Uns Premios que poderiamos chamar como os irmáns pequenos do Festival Carballo Interplay que, por certo, arrinca esta semana.
Andan durante estas semanas as xentes de Adro espallando a semente da curtametraxe polos instituto da zona, dando charlas nas que reciben a gran atención deses pequenos novos directores.
A gran fin de semana do Festival será a do 27, 28 e 29 de maio, onde ademais de coñecer aos gañadores, haberá concertos, como do vimiancés Serj ou os pontecesáns Not Only Shills, e onde haberá sorteos de entradas para o Festival V de Valarés e a Carballeira de Zas.
Hai un programa completísimo:
A curta “Fouciño sanghento”, feita por amigos baieses aló polos anos 90, foi a orixe de todo.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1293472850668018/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

