venres. 02.05.2025
El tiempo

Evento

Premios Fouciño de Baio

08/xul./2017 a 08/xul./2017
12:00 h a 11:55 h
Premios Fouciño de Baio
O certame dos Premios Fouciño vive o seu día grande cunha gran cantidade de actividades que arrancan xa ás 12 horas cunha charla/mesa redonda sobre a importancia da creación audiovisual como linguaxe transmisora e universalizadora de experiencias moi locais. Previamente exhibiranse algúns traballos dos participantes; Carmen Rey de Numenius (Mazaricos), Miki Martínez, realizador de Baio (autor da primeira longa da Costa da Morte Fouciño Sanghento), Pedro Boquete realizador e guionista da webserie Peter Brandon. Modera Lucía Regueiro actriz e madriña do evento e Mabel Montes, xornalista, membro da organización dos Premios Fouciño. As curtas presentadas tanto as de categoría libre como as de escolares - que foron un total de 30 - exhibiranse en locais comerciais do centro de Baio. A entrega de premios e a clausura do festival será na praza do parque infanil de Baio a partir das 22 horas onde actuarán Oîma, Regueifas a cargo do alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio, o Leo i Arremecághona, Atrás Tigre,  Mounoulious Dop (Noia) presentando o seu novo disco LP Padre e o peche de festa virá da man dos baises The Fakes (Baio).

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Asociación Cultural Adro
Comentarios