Evento
Presentación do libro de Anxo Muíños en Fisterra
10/ago./2019
20:30 h
Castelo de San Carlos

11:24 07/08/19
Este sábado 10 de agosto, ás 20:30 h, terá lugar a presentación do libro O ALÉN DOS BARQUEIROS DE ANXO MUÍÑOS.
O escritor estará acompañado da escritora de Cuntis, Mónica Graña, autora do poemario "Un outono na paxareira".Ademais intervirá o Tenente Alcalde do Concello de Fisterra, Xan Carlos Sar Oliveira.
O lugar escollido para a presentación e moi simbólico e acorde debido á temática da obra, é o Museo da pesca de Fisterra (Castelo de San Carlos), o cal será testemuña de mitos de árbores sagradas, monstros mariños, espíritos das augas, labirintos...