sábado. 24.05.2025
El tiempo

Evento

Presentación dun libro en Carballo

09/maio/2016 a 09/maio/2016
20:00 h a 20:00 h
Presentación dun libro en Carballo
Libro de Mercedes Queixas sobre Manuel Maria

Mercedes Queixas presenta o vindeiro luns, día 9, ás 20h, na Biblioteca Rego da Balsa a biografía de Manuel María, poeta chairego imprescindible homenaxeado co Día das Letras este 2016

Mercedes Queixas Zas luns presenta o vindeiro , día 9, ás 20h, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María , unha achega fundamental para coñecer a vida e a obra do poeta chairego ao que a Real Academia Galega lle adica o próximo 17 de maio o Día das Letras. Estará acompañada pola escritora Rosalía Fernández Rial. O libro segue o roteiro vital do poeta, entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires, ata consturír un "testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade" do poeta. A casa outeirense, a tribo chairega e a nación galega representan a triple razón de vida en que Manuel María afinca o seu universo biográfico e literario. Neste libro, Mercedes Queixas segue -en efencto- o roteiro vital do poeta entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María. Itinerario que, coma un río sempre fértil e vizoso, nace coas raíces na Terra Chá, medra na prolongada formación académica e autodidacta de carácter enciclopédico e multiplica o seu curso nunha escrita extensa e de temática ricaz. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso, a biografía é o testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade.  Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é profesora de lingua e literatura galega no ensino secundario. Ademais de breves ensaios de carácter divulgativo, como Os trobadores do Reino de Galiza (1997), escribiu Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002) e Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009). Colaborou na Historia da literatura galega (1996) e é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). En 2011, publicou Vivir, unha aventura irrepetíbel, biografía da poeta María do Carme Kruckenberg.
Comentarios