xoves. 10.07.2025
El tiempo

Evento

Presentación dun libro en Mazaricos

07/maio/2017 a 07/maio/2017
6:00 h a 6:00 h
Casa da Cultura da Picota
Presentación dun libro en Mazaricos
Escapados de Mari Carmen Rey Nunez copia Este vindeiro domingo, ás 6 da tarde na Casa de Cultura de Mazaricos, a veciña María Del Carmen Rey Nuñez (Maricarmen do Ancho de Lugarnovo) presentará ESCAPADOS, a súa primeira novela publicada pola Editorial Toxosoutos. Sobre a historia que narra, a acción se inicia co estoupido da Guerra Civil Española e se prolonga ao longo duns vinte e tantos anos. Un tempo de grandes miserias económicas e fortísimos antagonismos políticos que sacou o mellor e o peor do ser humano. Por estas augas turbulentas e alodadas navegan, nunhas condicións de extremada violencia, os personaxes creados pola nosa veciña. E fano arredor do Pedregal do Pindo, un entorno xeográfico abrupto e bravío que contribúe coa súa singular topografía ao dramatismo da historia.
Comentarios