A biblioteca de Muxía acolle este sábado, ás 19:30 horas, a presentación do libro "Se pedra na brétema" de Ramón Blanco que foi premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2016.
No acto de presentación intervirán David Creus, escritor e artista; Antón Lopo, editor; e o propio autor, Ramón Blanco.