Evento
Presentación literaria en Cee
09/feb./2018 a 09/feb./2018
8:00 h a 6:00 h
Tenda Turística Stoupa
12:42 07/02/18


Carlos Regueira presenta “Atlas de los hórreos de Galicia” na Costa da Morte
O autor elixiu a tenda Stoupa para presentar en primicia o seu libro na nosa comarca
A tenda e galería ceense presentará por primeira vez en toda a Costa da Morte a obra “Atlas de los hórreos de Galicia” do profesor Carlos Regueira. Todos os amantes e aficionados da historia do hórreos, da súa arquitectura e, en definitiva, da cultura da Galicia rural, poderán achegarse á Stoupa este venres 9 de febreiro ás 20h para desfrutar dos coñecementos que se atopan nesta obra monumental, e mesmo adquirila e levala asinada polo propio autor.
Carlos Regueira Méndez (Muros, 1957) está licenciado en Química e Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e foi uns dos fundadores da Asociación Mitocólixo-Naturalista da Costa da Morte “Pan de raposo”, na que participou activamente ata o ano 2007. Actualmente é profesor no Grao de Nutrición Humana e Dietética, entre outros. Sen embargo a súa paixón polas letras reflíctese na súa obra “Atlas de Hórreos de Galicia”.
O libro conta con case 300 páxinas nas que se contabilizan 1.120 fotografías e 118 mapas aparte das táboas e os gráficos. Un libro totalmente recomendable para os amantes e curiosos da historia e a cultura galegas.