![]()
Por Santa Comba, as Letras Galegas chegan cargadas de risas e de literatura, pensando nos pequenos e nos maiores.
O venres 12 de maio, fóra do programa das Letras, a partir das 20:30h a Biblioteca Municipal acolle a presentación de La Dama de Los Recuerdos, coa participación da autora, Beatriz Rey Mourelle, da ilustradora Teresa Puy Fraga, do adestrador de Dama Óscar Villar e da alcaldesa María Pose.
E xa pensando nos máis pequenos e na nosa lingua, o sábado 13:00h ás 11:00 hai cita con Fran Rey, un dos mellores cómicos do país, que fará un espectáculo infantil baseado na vida de Carlos Casares.