Mércores. 01.04.2020
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Presentación no NºCero da revista NPG GaZeta en Cee

08/feb/2020
20:30 h
Rock Corner Bar
Presentación no NºCero da revista NPG GaZeta en Cee

A NPG Nova Poesia Guitirica presentará o vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:30 a súa revista poética NPG Gazeta N°CERO no Rock Corner de Cee cun recital poético no que intervirán [email protected] poetas que participaron neste número inaugural da revista e poetas da Costa da Morte encabezados por Suso Bahamonde.

Comenzan así unha serie de presentacións deste número cero que continuarán co outro recital o día 22 en Betanzos e posteriormente en outras localidades.

A revista conta con perto de 70 páxinas con máis de sesenta poemas doutros tantoa autores e coas ilustracións en forma de retrato da artista vilalbesa da NPG Isabel Pardo e coas fotografías da capa e contracapa de Zeltia Villar. A coordinación e maquetación corresponderon a Moncho Bouzas e Antón de Guizán.

A GaZeta nace como unha plataforma web (http://www.npggazeta.gal/) e en papel para a participación grupos poéticos de base e neste número teñen participado poetas adscritos ao grupos Nómades do Verso (Grupo Antón Borrazás) da Coruña, Grupo Moraima de Ferrolterra, Poesía Galega Ceibe da Costa da Morte, Irmandade Poetica e Artística Luso-Galaica de Chantada, In Nave Cívitas, Colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Nova Poesía Guitirica e algunha participación individual.

Deste xeito, comezan con este número unha nova proposta aberta e participativa, unha concepción poética de caracter comunal e de base con un organo de difusión dixital e impreso que serve tamén para promover recitais e actos por diversos lugares, sendo o Rock Corner de Cee o primeiro en recibir esta revista poética con un recital poético ao vivo. A Costa da Morte sempre foi terra (e mar) de poetas e fará este sábado de lugar de acollida poética a expresións chegadas doutros lugares do país, principalmente da Terra Chá luguesa.

comentarios