venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Presentación poética en Carballo

21/set./2017 a 21/set./2017
9:00 h a 6:00 h
Biblioteca Rego da Balsa
Presentación poética en Carballo
O vindeiro xoves día 21, ás 20:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, terá lugar a presentación do segundo poemario do xove escritor coristanqués Álvaro Antelo. Pouco máis de un ano despois da presentación de Entremses, a súa ópera prima no 2016 Álvaro Antelo Abelenda (Oca-Coristanco, 1996), sorpréndenos co seu novo libro, unha obra máis madura onde os versos nos levan ao mundo do amor, da morte e aos seus respectivos universos, vistos desde varias perspectivas pero, sobre todo, nun intento de búsqueda da liberdade. O propio autor define esta súa nova obra: "Metapoética é a voz muda coa que berran as emocións. Un conflito interno entre as luces e as sombras. É a fera indomable que se agocha no corpo e devece por ser liberada".
Comentarios