Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Producións Teatrais Excéntricas en Muros

12/out./2019
21:30 h
Auditorio do Centro Cultural de Muros
Teatro Medida x Medida en Muros
Producións Teatrais Excéntricas en Muros

 

Despois da súa estrea no FIOT, a obra de Producións teatrais Excéntricas, “Medida x Medida” serve de gran pistoletazo de saída para a tempada teatral do Centro Cultural de Muros. A cita será este sábado 12 de outubro, 21:30 h no Auditorio do Centro Cultural de Muros

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare.

No seu 15º aniversario, Excéntricas convida novamente un autor que nunca pasa de moda para colaborar no novo espectáculo. William Shakespeare. Nesta ocasión poñen en escena unha obra enteira, a sufocante, divertida, enigmática e vitriólica: "Medida x Medida", unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre. No reparto, un elenco de auténtico luxo, Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira  e na dirección Quico Cadaval, que xa traballou co autor inglés noutras ocasións, Shakespeare para Ignorantes de Excéntricas, Noite de Reis do CDG. 

O espectáculo está inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios e as entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 5 €.

 

Comentarios