Evento
Proxección do documental 'Estruturas' no Casino 1889

O Casino 1889 organiza para este vindeiro sábado 23 de novembro a proxección do documental Estruturas ás 19:00 horas na súa sede.
PRODUCIÓN: Tingalaranga Audiovisual
ANO 2018
DIRECCIÓN E REALIZACIÓN : PACO GALLEGO E XOSÉ BOCIXA
DURACIÓN 77 MINUTOS
SÁBADO 23 de NOVEMBRO, 19 Horas
CASINO DE CARBALLO
Proxección e coloquio cos directores
A explotación forestal, os tendidos eléctricos, en ocasións absolutamente desmedidos na súa proporción, a actuación humana ante o crecemento poboacional, o abandono do patrimonio e a asunción fóra de escala dos modelos urbanos no contorno rural ou rurubano, a obra inacabada, a obra institucional ou a especulación. Estruturas amosa "un conxunto de actuacións que conteñen unha responsabilidade colectiva disociada do que individualmente achegue cada quen", en palabras dos seus responsables. Estamos pois ante o espello de Alicia invertido, onde as marabillas quedan detrás nosa.
Obra documental onde se escoitarán diferentes voces, como a do Decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, arquitectos como Carlos Coto ou Fermín Blanco, arquitectas como Elvira Carregado e Carmen Vázquez, o Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ETSAC, Fernando Agrasar - tamén arquitecto - do sociólogo urbanista Manuel G. Docampo, ou da xeógrafa Rocío Romar, colaboradora do proxecto educativo Proxectoterra que leva os valores da paisaxe e da arquitectura ás aulas de ensino de Galicia.