Evento
Proxección dunha documental feminista en Carballo

O sábado 9 de novembro, o Círculo Feminista de Carballo organiza a proxección do documental “Cuidado, resbala”, producido polo Círculo de Mujeres coa colaboración de La Mirada Invertida. O filme se achega á realidade vital das denominadas empregadas do fogar, traballadoras clave no sistema de coidados, esas
tarefas invisibles pero que manteñen a vida de todas as persoas. As creadoras do documental se aproximan aos traballos de coidados explorando en que consisten, quen os realiza, en que réxime laboral e en que condicións económicas e formula unha inquietante cuestión: que pasaría se todas as traballadoras domésticas se declarasen en folga?
A proxección terá lugar no Espazo Xove de Carballo (Casa da Xuventude).
DATOS DE LOCALIZACIÓN
Día: 9 de novembro de 2019
Hora: 17:00
Lugar: Espazo Xove de Carballo, Rúa Valle Inclán, 24 (Carballo)