Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Quico Cadaval no Outono de Monólogos de Cee

12/out./2019
20:15 h
Casa da Cultura
Outono de Monologos Cee 2019
Quico Cadaval no Outono de Monólogos de Cee

Como en Santa Comba, o Outono de Cee chega cargado de monólogos. Tres dos mellores contadores de Galicia, como son Quico Cadaval, Davod Permodo e Avelino González, traerán os seus espectáculos no Outono de Monólogos ceense.

O ciclo Monólogos de Teatro conta coa colaboración da Agadic (Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia) e da Deputación de A Coruña (Rede Cultural). Todos os espectáculos están recomendados para maiores de 12 anos e comenzarán ás 20.15 horas.
As entradas, á venta 30 minutos antes de cada función terán un prezo de 5 euros (xeral) e 3 euros (bonificada para estudantes, desempregados e pensionistas).

Abrirá o ciclo o sábado 12 de outubro o gran Quico Cadaval, con “Cadaval conta… vacas, guerras, porcos e cregos”. Cadaval leva máis de 25 anos sobre o escenario, contando historias e facendo imaxinar ao público as súas narracións, demostración da identidade galega.
Nos últimos anos Quico Cadaval, está transformando os seus repertorios en espectáculos de teatro, do teatro da palabra. No 2018 xirou “Os Inocentes”, unha colección de historias acontecidas na guerra nosa do 36, protagonizadas por tres inocentes. Neste 2019, e baixo o epigrafe QUICO CADAVAL CONTA... Producións Teatrais Excéntricas, no seu 15º aniversario, presenta este novo espectáctulo, no que nos leva ata a parroquia de Carreira, xusto en fronte de Boston-Masachusetts, para contar a vida dun antepasado, Xuán O Fino, rodeado de curiosidades.

A seguinte parada será o sábado 19 de outubro con David Perdomo. Triunfando na TVG, co seu propio programa 'Ecce Perdomo”., despois de éxitos como o Land Rober ou o SuperKoruño, tras un monólogo moi persoal, e divertidísimo.

A última cita será o o sábado 26 de outubro cos Contos de Contrabando Avelino González. “Un conto é unha forma de rir da realidade, dos veciños e de nós mesmos sen poñer nomes. Unha especie de contrabando no falar, necesario porque ás veces damos pena e outras damos risa.

Na actualidade hai que salientar o seu traballo como narrador oral e traductor teatral.
Comentarios