sábado. 31.05.2025
El tiempo

Evento

Recital poético de Manolín a Rosalía

19/feb./2017 a 19/feb./2017
8:00 h a 6:00 h
Casa da Cultura
Recital poético de Manolín a Rosalía
Recital poetico de Manolin sobre Rosalia-Cee 2017 Leva meses preparándoo. Da posta en escea non escapa unha soa coma, un só segundo de silencio. O Auditorio da Casa da Cultura de Cee acollerá o vindeiro doningo 19 de febreiro o novo recital poético de Manolín Oliveira, ese fenómeno da natureza, Historia viva do Fútbol da Costa, invadido pola emotividade. Será esta a súa persoal homenaxe a unha das súas referencias culturais, Rosalía de Castro, no seu 180 aniversario. Manolín fará un repaso por todas as caras de Rosalía, a máis combativa, a máis intimista, a máis namorada da súa terra. Para transmitir todo ese caudal de sentimentos, Manolín contará, como noutras ocasións, coas entidades de baile rexional da zona. Así colaborarán cos seus pasos a ACD Nerio Baile Xaldón de Corcubión, a SCD ED Breogáns de Brens, e a AC Terra de Sena de Cee.

Novas relacionadas

Conversas co mito

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios