A nova directiva da CMAT reafirma as liñas estratéxicas do sector

Xa exerce o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, como presidente da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), o ente publico-privado que coordina o sector turístico da comarca. A nova Xunta Directiva da celebrou onte a súa primeira reunión na localidade bergantiñá, nun encontro tivo como obxectivo principal facer balance do estado actual da entidade e repasar as actividades que se están a desenvolver ao longo deste ano 2025.
Durante a reunión, a nova directiva estableceu tamén as liñas estratéxicas de traballo que guiarán a súa acción nos vindeiros meses. Marcáronse como obxectivos:
- Reforzar a colaboración institucional e co tecido socioeconómico,
- Fomentar proxectos de turismo sostible,
- Mellorar a comunicación,
- Apoiar iniciativas que dean visibilidade á riqueza cultural, patrimonial e natural da zona.
A CMAT subliñou a importancia de "garantir a estabilidade e continuidade do proxecto iniciado nos últimos anos, consolidando as alianzas existentes e abrindo novas vías de colaboración con institucións, empresas e asociacións." O "traballo en rede e a cooperación cos distintos axentes territoriais" foron identificados como factores clave para a boa saúde da entidade.