![roteiro historia Vimianzo]()
A igrexa románica de Santiago de Cereixo e a súa singular lenda da
Traslatio serán os principais protagonistas deste roteiro en autobús organizado polo concello de Vimianzo no que se descubrirá a historia dunha ruta xacobea esquecida co paso dos anos. A capela da Peregrina da Lagoa, Calo, a ermida de Castrobuxán e Cereixo serán outros dos lugares que se visiten en bus.
O custe é de 3€ para os adultos e gratis para os nenos.
Os interesados deben anotarse en visitavimianzo@gmail.com ou o teléfono 981 716 354.
A saída será ás 11:30 horas do Castelo de Vimianzo.